Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo para a difusión dunha campaña publicitaria sobre o envellecemento activo, cofinanciado co proxecto europeo 0552 Envellecemento activo 0-1-E, no marco da segunda convocatoria do POCTEP 2007-2013.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 71/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo para a difusión dunha campaña publicitaria sobre o envellecemento activo, cofinanciado co proxecto europeo 0552 Envellecemento activo 0-1-E, no marco da segunda convocatoria do POCTEC 2007-2013.

b) Lugar de execución: toda Galicia.

c) Prazo de execución: máximo un mes desde a formalización.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe: ascende a oitenta e oito mil catrocentos vinte e nove euros con setenta e cinco céntimos (88.429,75 €) aos cales se lle engaden dezaoito mil cincocentos setenta euros con vinte e cinco céntimos (18.570,25 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de cento sete mil euros (107.000 €).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 36 96/981 54 46 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.1), capacidade para contratar.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o seguinte ao da data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18037

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar