Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39250

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslado para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado por Resolución do 22 de maio de 2012.

De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e da Resolución do 22 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocaban a concurso de traslado, postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, entre os funcionarios do corpo de médicos forenses (BOE e DOG do 18 de xuño), esta dirección xeral acorda:

Primeiro. Resolver o concurso de traslado adxudicando os postos convocados aos médicos forenses que se relacionan no anexo I. Decláranse desertos os postos relacionados no anexo II.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días naturais se non implica cambio de localidade do funcionario; de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días naturais se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, da Cidade de Ceuta e mais da Cidade de Melilla lugares nos cales será dun mes, tanto se o posto de traballo é de orixe coma se é de destino. Cando o adxudicatario de praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo o prazo será de vinte días.

O prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado, se esta non é simultánea á do Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a devandita publicación.

O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que lles fosen concedidos aos interesados.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante el director xeral de Xustiza no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente no prazo de dous meses, segundo o establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos prazos contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado se esta non é simultánea á do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I
Adxudicacións

DNI

Apelidos e nome

Destino de orixe

Destino adxudicado

Posto adxudicado

06541490Z

Hernández Ballesteros, Marcos

I.M.L. Castela e León

Sub. Territorial de Zamora

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial da Coruña

Médico forense xeneralista

32612721D

López Rodríguez, José Manuel

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial de Ferrol (Adscrición provisional)

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial de Ferrol

Médico forense xeneralista

32448116S

Otero Abadín, Beatriz

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial de Pontevedra (Adscrición provisional)

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial de Pontevedra

Médico forense xeneralista

32748660H

Rodríguez Martínez, María Berta

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial da Coruña (Adscrición provisional)

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial da Coruña

Médico forense xeneralista

32618040S

Varela Rodríguez, Francisco Javier

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial de Lugo (Adscrición provisional)

I.M.L. Galicia

Sub. Territorial de Lugo

Médico forense xeneralista

ANEXO II
Prazas desertas

Denominación destino

Localidade

Nº prazas

I.M.L. Galicia. Dirección Territorial

Santiago de Compostela

1

I.M.L. Galicia. Subdirección Territorial

Ourense

1