Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo que se indica (expediente 303/12).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Domicilio: Edificio de Xerencia (Servizos Centrais), Campus As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Teléfono: 986 81 35 56.

5. Telefax: 986 81 38 57.

6. Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8. Data límite de obtención de documentación e información: día 9 de novembro de 2012.

d) Número de expediente: 303/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral nos centros e instalacións da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 8 lotes.

1. Campus Norte de Ourense: Ciencias Físicas, unidade administrativa, Edificio Multiúsos, Edificio de Ferro, Edificio Politécnico, CITI de Ourense e pavillóns I e II.

2. Campus Sur de Ourense: Facultade de Dereito e Facultade de CC. Empresariais e Turismo, pavillón polideportivo, biblioteca central e campo de fútbol-rugby.

3. Campus de Pontevedra: edificio da Facultade de Fisioterapia, Facultade de CC. Sociais e da Comunicación, Facultade de Belas Artes, E. Enxeñaría Forestal, Facultade de CC. da Educación e do Deporte, pavillón polideportivo, Casa das Campás e escola infantil.

4. Campus de Torrecedeira: E. de Enxeñaría Industrial e EUE Empresariais.

5. Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito tecnolóxico: Edificio de Fundición, E. de Enxeñaría de Telecomunicacións, ETSE de Minas e E. Enxeñaría Industrial-Sede Campus.

6. Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito científico: Edificio de CC. Experimentais (Facultade de Bioloxía, Facultade de Ciencias do Mar, Facultade de Químicas e biblioteca).

7. Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito xurídico-social: Facultade de CC. Xurídicas e do Traballo, Facultade de CC.EE. e Facultade de Filoloxía e Tradución.

8. Campus das Lagoas-Marcosende. Servizos xerais e de investigación: biblioteca central, CACTI, ECIMAT, Edificio de Xerencia (Servizos Centrais), Reitorado, parque móbil e servizo de deportes.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Domicilio: Campus das Lagoas-Marcosende, Campus Histórico, Campus de Ourense, Campus de Pontevedra.

2. Localidade e código postal: Vigo 36310, Vigo, Ourense, Pontevedra.

e) Prazo de execución: 2 anos a partir do 1 de xaneiro de 2013. Non obstante, en ambos os casos, o contrato pode ser prorrogado conforme a cláusula 5.2 do PCAP.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 74731000-2-servizo de limpeza de edificios.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato.

Lote 1: 1.340.000 €.

Lote 2: 1.096.000 €.

Lote 3: 2.540.000 €.

Lote 4: 1.280.000 €.

Lote 5: 2.200.000 €.

Lote 6: 1.240.000 €.

Lote 7: 2.180.000 €.

Lote 8: 1.740.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

a)

Lote 1. Importe neto: 670.000 €. Importe total: 810.700 €.

Lote 2. Importe neto: 548.000 €. Importe total: 663.080 €.

Lote 3. Importe neto: 1.270.000 €. Importe total: 1.536.700 €.

Lote 4. Importe neto: 640.000 €. Importe total: 774.400 €.

Lote 5. Importe neto: 1.100.000 €. Importe total: 1.331.000 €.

Lote 6. Importe neto: 620.000 €. Importe total: 750.200 €.

Lote 7. Importe neto: 1.090.000 €. Importe total: 1.318.900 €.

Lote 8. Importe neto: 870.000 €. Importe total: 1.052.700 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

Complementaria: 5 % adicional para empresas incursas inicialmente en ofertas anormais ou desproporcionadas.

7. Requisitos específicos do contratista: a).

Para a as empresas españolas: exíxese clasificación.

Lote 3. Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría d.

Lotes 1, 4, 5, 6, 7 e 8. Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría c.

Lote 2. Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría b.

Para as empresas estranxeiras.

a) Solvencia económica financeira e técnica e profesional: os que se indican nos puntos 10, 11 e 12 respectivamente da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

Para todas as empresas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 13 de novembro de 2012.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia (Servizos Centrais), baixo, praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia (Servizos Centrais), 2º andar, praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 2.600 €.

11. Data de envio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de outubro de 2012.

Vigo, 3 de outubro de 2012

P.D. (Resolución 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo