1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.
c) Número de expediente: 12-011.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo
b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades na Oficina Virtual Tributaria e no Sistema de información para a xestión tributaria XEITO2 para a adecuación dos sistemas á nova Axencia Tributaria de Galicia, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial.
c) CPV: 72212000-4.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 31.7.2012.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 100.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación: importe neto: 100.000,00 euros. Importe total: 118.000,00 euros.
6. Financiamento.
Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13 nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).
O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro.
7. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 17.9.2012.
b) Data de formalización do contrato: 20.9.2012.
c) Contratista: Altia Consultores, S.A.
d) Importe ou canon de adxudicación: mporte neto: 85.150,00 euros. Importe total: 103.031,50 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable