Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 17 de setembro de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2010/004678 e outro).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00967, Riotorto-Marco de Álvare-As Rodrigas, p.q. 0,000 ao 5,800.

Concello: A Pastoriza. Provincia: Lugo.

Expropiante: Deputación Provincial de Lugo.

Beneficiaria: Deputación Provincial de Lugo.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa a que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Justo Fernández Pérez

Justo Fernández Pérez

24.5.2012

24.5.2012

2010004678

2010004679

5

6

766,50

630,00