Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 20 de setembro de 2012 polo que se dá publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña polo que se inicia o expediente número 417 de clasificación como veciñal dos montes Penafesa e Marola, da parroquia de San Fiz de Monfero, promovido polos veciños dos lugares de Dialcabo, As Seixas, O Valcovo, Guitiriz, A Pila da Leña, A Bouza Maior e Montelongo, do concello de Monfero.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 16.12.2011, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes coas seguintes características:

Montes: Penafesa e Marola.

Comunidades veciñais solicitantes: veciños dos lugares de Dialcabo, As Seixas, O Valcovo, Guitiriz, A Pila da Leña, A Bouza Maior e Montelongo.

Parroquia: San Fiz de Monfero.

Concello: Monfero.

Superficie total: 259,37 ha.

Segundo os informes do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do 1 de decembro de 2011 e 2 de abril de 2012 as súas estremas son as seguintes:

– Norte: do vértice 159 ao 56 con propiedades particulares do lugar da Bouza Maior, co monte Penacavada e Marola, co monte Os Cerqueiros (patrimoniais pertences á Comunidade Autónoma de Galicia) e con propiedades particulares do lugar da Armada.

– Leste: do vértice 56 ao 53 coa propiedade particular dos herdeiros de Daniel López Villajurjo.

– Sur: do vértice 53 ao 183 co rego da Insua, coa propiedade particular de María Vázquez Martínez, co monte Penafesa de S. Pedro, patrimonial pertence á Comunidade Autónoma de Galicia, co rego da Insua e con propiedades particulares do lugar de Guitiriz.

– Oeste: do vértice 183 ao 159 con propiedades particulares do lugar de Guitiriz.

A delimitación do monte corresponde ás parcelas catastrais 15051A083001130000LD (en parte), 15051A081005390000LK, 15051A081005120000LD, 15051A081004020000LG (en parte), 15051A081005130000LX (en parte), 15051A08108154 (en parte), 15051A073008750000LP (en parte) e 15051A073011610000LE (en parte).

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 20 de setembro de 2012

Augusto José Pérez-Cepeda Vila
Instrutor

Visto e prace
Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común da Coruña