Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se lle notifica á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención 12150135/2008.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención número 12150135/2008. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase á interesada de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 12150135/2008.

Interesada: Carmen Fernández Otero.

Último domicilio coñecido: rúa Magdalena, 13, 3º F, Biduído, 15895 Ames (A Coruña).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 30 de xaneiro de 2008, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias.