Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica a continuación:

1. Obra de reforma e ampliación do CEIP Pérez Viondi da Estrada (Pontevedra). Esta obra está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1.1. Adxudicataria: Civis Global, S.L.

1.2. Orzamento: 1.518.000,00 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 20 de agosto de 2012.

1.4. Data de formalización do contrato: 6 de setembro de 2012.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria