Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38821

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012 pola que se conceden as axudas convocadas pola Orde do 14 de maio de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

A Orde de 14 de maio de 2012 (DOG do 25 de maio) convocou as axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva.

Unha vez rematada a tramitación establecida na convocatoria, de acordo co establecido no artigo 7 da orde de convocatoria e atendendo ao informe-proposta elevado pola comisión avaliadora a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles aos seguintes investigadores do Sistema Universitario de Galicia as axudas que a seguir se relacionan para o desenvolvemento dos proxectos presentados e na contía que se indica en cada caso.

Nº de expte.

Solicitante

Univ.

2012

2013

2014

2015

Total

EM 2012/005

Bandín Matos, Isabel

USC

2.400

15.000

33.000

45.642,40

96.042,40

EM 2012/012

Barral Martínez, Margarita

USC

5.290

26.000

33.000

11.600

75.890

EM 2012/087

Carballa Arcos, Marta

USC

4.800

24.000

44.000

25.600

98.400

EM 2012/140

Casarejos Ruíz, Enrique

UVigo

12.600

38.000

30.000

17.200

97.800

EM 2012/017

Doallo Pesado, Sonia

USC

11.569,20

23.000

31.000

30.574

96.143,20

EM 2012/088

Esteban Gómez, David

UDC

3.960

26.000

38.000

29.320

97.280

EM 2012/019

Flores Arias, Mª Teresa

USC

3.960

34.000

35.000

23.440

96.400

EM 2012/117

García Fandiño, Rebeca

USC

1.450

20.000

25.000

8.850

55.300

EM 2012/159

Garrote Velasco, Gil

UVigo

16.562,50

38.000

30.000

10.437,50

95.000

EM 2012/111

González Díaz, Julio

USC

3.600

47.000

44.000

0

94.600

EM 2012/079

Laffon Lage, Blanca

UDC

1.200

29.000

31.000

28.000

89.200

EM 2012/100

Maseda Rodríguez, Ana Belén

UDC

2.713,20

34.000

41.000

18.212,80

95.926

EM 2012/141

Mato Corzón, Marta Mª

UVigo

19.050

40.000

22.000

16.250

97.300

EM 2012/035

Míguez Macho, Antonio

USC

8.400

29.000

32.000

29.800

99.200

EM 2012/153

Miranda López, José Manuel

USC

3.600

29.000

42.000

20.200

94.800

EM 2012/142

Mohamed Falcón, Kais Jacob

UVigo

6.877,07

46.000

17.000

0

69.877,07

EM 2012/039

Nogueiras Pozo, Rubén

USC

19.800

24.000

32.000

22.600

98.400

EM 2012/083

Pazos Currás, Marta Mª

UVigo

27.600

21.000

27.000

22.720

98.320

EM 2012/091

Pérez Lustres, José Luis

USC

12.760

45.000

10.000

9.500

77.260

EM 2012/080

Piedracoba Varela, Silvia

UVigo

1.200

67.000

19.000

9.584

96.784

EM 2012/054

Prieto Martínez, Mª Pilar

USC

3.000

21.000

20.000

19.925,54

63.925,54

EM 2012/076

Puente Aba, Luz María

UDC

1.200

25.000

34.000

22.000

82.200

EM 2012/055

Quintana Álvarez, José Benito

USC

3.600

31.000

38.000

24.400

97.000

EM 2012/070

Ramos Vázquez, José Antonio

UDC

14.000

11.000

25.000

37.000

87.000

EM 2012/060

Rodríguez Lado, Luis Manuel

USC

15.000

33.000

39.000

10.600

97.600

EM 2012/042

Rodríguez Martínez, Héctor

USC

2.400

48.000

33.000

0

83.400

EM 2012/043

Rodríguez Osorio, Carlos

USC

1.200

35.000

24.000

19.500

79.700

EM 2012/045

Salas Ellacuriaga, Antonio

USC

3.960

3.800

41.000

50.800

99.560

EM 2012/046

Sanmartín Barros, Israel

USC

8.400

33.000

37.000

0

78.400

EM 2012/051

Varela Carrete, Jesús Ángel

USC

1.200

28.000

30.000

38.380

97.580

EM 2012/138

Vázquez Alejos, Ana Mª

UVigo

1.200

51.000

36.000

8.560

96.760

EM 2012/061

Vidal Figueroa, Anxo

USC

16.800

25.000

27.000

30.580

99.380

Segundo. As solicitudes non incluídas na resolución de concesión entenderanse denegadas ou rexeitadas.

Terceiro. Os beneficiarios deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades un escrito de aceptación da axuda no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. A non aceptación da axuda no prazo indicado implicará a renuncia á axuda e procederase conforme o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. A subvención será librada a través da universidade a que pertenza o solicitante, de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente expida, na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento acompañada dun informe de seguimento, asinado polo investigador solicitante do proxecto, no cal se detalle o logro dos obxectivos do proxecto. Este informe poderá ser anual ou final. O informe final deberá ser entregado en formato papel e dixital e acompañarase das separatas ou documentos que demostren os resultados xerados polo proxecto.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Quinto. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Sexto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria