Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 13 de xullo de 2012, relativa ao proxecto da LAT 132 kV Parque Eólico Serra do Oribio-subestación de Triacastela, nos concellos de Samos e Triacastela (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento, S.L.

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 13 de xullo de 2012, relativa ao proxecto da LAT 132 kV Parque Eólico Serra de Oribio-subestación de Triacastela, nos concellos de Samos e Triacastela (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarta planta, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas