Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 14 de setembro de 2012 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2010002265 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00872, LAT DC 66 kV Mazaricos-Muros. Expediente IN407A 06/218.

Concello: Muros. Provincia: A Coruña.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.

Beneficiario: Unión Fenosa.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Mª Isabel Rey Vázquez

Juan Manuel Vázquez Formoso

Patricio Fernández Figueras

Mª Josefa París Lestón

Mª Josefa París Lestón

Alonso Lamela Lago

María Lago Lamela

Carmen Piñeiro Formoso

Josefa Lariño Sande

Antonio Bueno Fernández

Alonso Lamela Lago

Alonso Lamela Lago

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

21.6.2012

2010002265

2010002268

2010002281

2010002315

2010002343

2010002344

2010002348

2010002349

2010002352

2010002358

2010002363

2010002377

19-7

51-10

54-7

60-5

68-1

68-2

69-5

69-6

70-4

72-10

73-5

90

283,59

131,85

730,03

57,08

163,98

220,26

3,92

400,24

176,22

25,87

521,45

2.106,42