Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 13 de setembro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 12 de xullo de 2012 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio sito en Vigo, relativo ao proxecto 00813 (expediente 2010/000026).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Luisa Margarita Sobrino Ramilo o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 12 de xullo de 2012, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio sito en Vigo, relativo ao proxecto 00813, expediente 2010/000026, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00813-Reversión de terreos no proxecto de expropiación da rúa Telleira. TM Vigo.

Nº expediente: 2010/000026.

Persoa a que se notifica: Luisa Margarita Sobrino Ramilo.

Expropiante: Concello de Vigo.

Expropiado: Olga Pompeya Sobrino Ramilo e outra.

Beneficiario: Concello de Vigo.

Predio nº:

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 81.239,60 euros.