Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38728

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2012, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o segundo cuadrimestre do ano 2012

Convenio

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o ente público Portos de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mugardos para a execución e mantemento de actuacións de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol, na súa afección na zona de servizo dos peiraos de Mugardos e O Seixo. Mugardos (A Coruña).

Sen importe

4.6.2012

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), Augas de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a planificación e execución dos traballos de restauración e protección da zona baixa do río Umia.

Sen importe

18.6.2012

Convenio para a prestación de asistencia xurídica pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia á entidade pública empresarial Augas de Galicia.

18.000,00

29.6.2012

Convenio para o desenvolvemento dun programa de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Sen importe

29.6.2012

Convenio de colaboración entre Portos de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Noia para a execución da obra Rede de colectores xerais de Noia. 1ª fase. Noia (A Coruña).

Sen importe

2.7.2012

Convenio subscrito pola Xunta de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, os concellos de Ferrol e Narón e a Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas del Norte, S.A. para a construción e explotación da actuación Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol.

37.610.169,49

14.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela relativo ao proxecto Life+Margal Ulla (LIFE09 NAT/ES/000514).

3.359.143,00

16.7.2012

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto ríos) e dun proxecto de custodia fluvial nos ríos Umia, Ulla e Lérez.

50.000,00

23.7.2012

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Bergondo para a execución da obra dos colectores xerais de saneamento e estación depuradora de augas residuais en Gandarío, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

4.292.272,38

23.7.2012

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Nigrán para a posta en marcha no concello de Nigrán de medidas de aforro de auga a través de sistemas de control intelixentes.

63.076,90

9.8.2012

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello da Coruña e a Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. (Emalcsa), para a xestión e explotación da presa e encoro de Cecebre.

Sen importe

28.8.2012