Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38546

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 19 de setembro de 2012 pola que se declara deserto un posto de traballo vacante nesta consellería convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 21 de marzo de 2012.

Mediante a Orde do 21 de marzo de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia número 75, do 19 de abril de 2012, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Formación e Colocación.

Código: TR.C99.10.000.36560.170.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.