Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia ao interesado no procedemento de baixa no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras dunha explotación porcina con código ES27550066401.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sito na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 19 de setembro de 2012

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: baixa de explotación no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Interesado: Eduardo López Iglesias.

DNI: 34257168.

Acto notificado: trámite de audiencia.