Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38362

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no último cuadrimestre por esta consellería.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario para a concesión da subvención nominativa dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o 2012 destinada á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural e investimentos na dotación de medios materiais.

7.3.2012

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudantes das titulacións impartidas na Facultade de Xeografía e Historia.

3.5.2012

0 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Arbo para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal dependente del.

4.5.2012

0 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello da Rúa para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal dependente del.

9.5.2012

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Mondoñedo para a organización do seu arquivo municipal.

25.5.2012

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Montederramo para a organización do seu arquivo municipal.

25.5.2012

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello da Rúa para a organización do seu arquivo municipal.

25.5.2012

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Bágoas da Terra para a organización conxunta da XXXIV Mostra Folklórica Internacional en Viveiro.

25.5.2012

49.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Asociación de Tradutores Galegos, para renovación da web e dos contidos da Biblioteca Virtual (BIVIR) e a publicación da revista Viceversa.

25.5.2012

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia, para a organización das feiras do libro antigo e de ocasión do ano 2012.

25.5.2012

49.088,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dun proxecto de dixitalización de fondos do Arquivo Histórico Universitario.

28.5.2012

23.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Bispado de Tui-Vigo para o proxecto de organización, informatización e restauración de fondos do seu arquivo diocesano e catedralicio.

28.5.2012

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Cabido da Catedral de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun proxecto de investigación e catalogación no arquivo catedralicio e nas áreas de documentación moderna e medieval.

28.5.2012

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Nacional de Educación a Distancia para a realización do prácticum do alumnado do curso de posgrao de especialista universitario en Arquivística.

8.6.2012

0 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Guionistas para a realización conxunta de actividades formativas (clases maxistrais).

12.6.2012

7.300,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Galega de Bandas de Gaitas, para a realización do XXII Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

29.6.2012

37.340,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Xunta de Galicia e a Asociación Galicia Milenio. Foro de Pensamiento y Opinión con motivo do 80 aniversario da misa de Rosalía.

13.7.2012

21.240,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Cerdedo para o equipamento do Centro Cultural de Cerdedo.

13.7.2012

123.965,50 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Bandas de Gaitas, para a realización do XXII Campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas.

7.8.2012

12.450,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela para a realización de obras e equipamentos en infraestruturas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

24.8.2012

1.000.000 €