Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2012/169-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: LMT, CT Paramos.

Situación: Tui.

Características técnicas: subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 20 metros de lonxitude, con orixe no apoio que se vai instalar na LMT aérea existente que daba servicio ao CT que se vai desmontar, e final no novo centro de transformación Paramos, de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no lugar da Igrexa, Paramos, Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra