Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38157

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de licitación do servizo de limpeza viaria e recollida e transporte de residuos do concello de Rábade.

O Pleno da Corporación municipal, na sesión do 22 de novembro de 2011, acordou aprobar o expediente de contratación da xestión mediante concesión do servizo público de limpeza viaria e recollida e transporte de residuos domésticos no concello de Rábade, e a súa correspondente licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Rábade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo público de limpeza viaria e recollida e transporte de residuos domésticos.

b) Duración: 5 anos, prorrogables ata 10 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato e orzamento de licitación.

O valor estimado do contrato, tendo en conta as prórrogas, ascende a 454.545,45 euros, sen IVE (500.000,00 € con IVE).

Orzamento de licitación anual: 45.454,55 €, sen IVE (50.000,00 €, IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, sen IVE.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: 15 días naturais, das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Documentación que cómpre presentar: a prevista nos pregos.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Rábade. Praza do 28 de Maio.

7. Apertura de ofertas: segundo o previsto nos pregos.

8. Criterios de adxudicación: os previstos nos pregos.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Rábade.

b) Web e perfil do contratante: www.concelloderabade.org

c) Teléfono: 982 39 00 62. Fax: 982 39 04 11.

Rábade, 13 de setembro de 2012

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde presidente