Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do servizo de vixilancia e seguridade no Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Consultivo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

Enderezo: rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 55 21 10, fax: 981 58 33 15.

2. Obxecto de contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade do Pazo de Amarante.

3. Orzamento do contrato: 84.000,00 €.

Exercicio 2012: 7.000,00 €.

Exercicio 2013: 42.000,00 €.

Exercicio 2014: 35.000,00 €.

4. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogable.

5. Fianzas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: grupo M, subgrupo 2, categoría A.

7. Presentación de propostas.

a) Lugar: Rexistro Xeral do Consello Consultivo de Galicia, Pazo de Amarante, 2º andar, rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas; se o último día for inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en dous sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18026.

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas do Consello Consultivo de Galicia ás 11.00 horas da data que será anunciada con antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia