Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica á persoa interesada o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención 11270068/2009.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase o interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención 11270068/2009. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase o interesado de que, se non emenda a falta ou presenta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se lle terá por desistido da súa petición, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 11270068/2009.

Interesado: Cándido Díaz López.

Último enderezo coñecido: rúa Ourense, 33, 5º A, Lugo.

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 26 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.