Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2012, da Xerencia Executiva do Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo especial para a xestión e explotación dun local destinado a quiosco, para a venda de prensa, revistas e outros artigos no Hospital do Salnés (AB-HSA1-12-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital do Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número de expediente: AB-HSA1-12-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: xestión e explotación dun local destinado a quiosco, para a venda de prensa, revistas e outros.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura):

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio e data do anuncio de licitación: DOG nº 87, do 8 de maio de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Canón mínimo de licitación.

a) Importe 2.400,00 € (dous anos),non suxeito ao IVE artigo 7.9 da Lei 37/1992, do 28 de decembro.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17.7.2012.

b) Data de formalización do contrato: 20.7.2012.

c) Contratista: Rede Galega de Quioscos, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: 3.652,00 euros (dous anos).

Vilagarcía de Arousa, 20 de xullo de 2012

Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo do Salnés