Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2012/215-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: rúa Virxe da Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS-CT Trastea.

Situación: Covelo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor Hersatene RHZ1 de 45 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES01363 da liña derivación Porrón-Barcia de Mera-Maceira e final no CT proxectado. Centro de transformación de 50 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no lugar de Trastea, Maceira, Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de agosto de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra