Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 38027

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos para prazas de persoal funcionario e laboral.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 204, do 4 de setembro de 2012, publícanse integramente as bases da convocatoria de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral deste Concello, incluídas en diversas ofertas de emprego público:

Persoal funcionario:

– 1 praza de técnico de xestión, encadrada na escala de Administración xeral, subescala xestión, integrada no grupo A - subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

– 1 praza de encargado/a de biblioteca municipal, encadrada na escala de administración especial, integrada no grupo C - subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda de promoción interna.

Persoal laboral fixo:

– 1 praza de maquinista-condutor/operario de servizos múltiples, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

– 1 praza de operario de servizos múltiples, mediante o sistema de concurso-oposición, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos do Concello.

Alfoz, 5 de setembro de 2012

Emilio Lousas Muíña
Alcalde