Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37893

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de setembro de 2012 polo que se aproba o Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia (Camgal) elabórase para cumprir coas directrices establecidas no Plan nacional de continxencias por contaminación mariña accidental aprobado pola Orde do Ministerio de Fomento do 23 de febreiro de 2001, e segundo o descrito no Decreto 155/2012, do 5 de xullo, polo que se regula a estrutura e organización do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia. Este plan é, pois, de obrigada redacción por parte da Comunidade Autónoma de Galicia, para incardinar a súa actuación no plan nacional, tendo en conta o Convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Fomento en materia de salvamento, loita contra a contaminación mariña e seguridade no ámbito pesqueiro.

Este plan ten por obxecto obter a máxima protección para as persoas, o ambiente e os bens que resulten ou poidan resultar afectados en calquera continxencia derivada dun episodio de contaminación mariña accidental.

Con base no exposto, o plan foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de setembro de 2012, polo que

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do día 27 de setembro de 2012, que a continuación se transcribe:

«Aprobar o Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atopa dispoñible no seguinte enlace:

www.intecmar.org/planCamgal».

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar