Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 38012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 23 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de cambio de instrutor de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/001658-1 e PESAN1 2011/002059-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan o cambio de instrutor dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren as alegacións que xulguen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña; r/ Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2011/001658-1.

Denunciado: Segundo Moure Santos.

DNI: 76362501V.

Enderezo: costa de María Pita, 1-1º esq., Arteixo.

Nº de expediente: PESAN1 2011/002059-1.

Denunciado: Fernando Javier Melero Sabugueiro.

DNI: 32264510H.

Enderezo: Beiramar, 2-5º E, Perillo, Oleiros.

A Coruña, 23 de agosto de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña