Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 38019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti), pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de custodia, xestión, integración, dixitalización e indexación das historias clínicas do arquivo único, composto polas historias clínicas activas e pasivas e toda aquela documentación clínica non integrada na historia clínica, para o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, no marco dos proxectos Innova_Saúde e Hospital_2050 cofinanciados nun 70 % con fondos Feder, fondo tecnolóxico (expediente AB-HLA1-12-017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). Rúa Dr. Ulises Romero, nº 1. 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4) Teléfono: 982 29 60 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-HLA1-12-017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de custodia, xestión e dixitalización das historias clínicas activas, pasivas e doutra documentación clínica do Hospital Universitario Lucus Augusti no marco dos proxectos Innova_Saúde e Hospital_2050 cofinanciados nun 70 % con fondos Feder, fondo tecnolóxico.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

2) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7; 79560000-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 2.440.677,97 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 2.440.677,97 euros.

Importe total: 2.953.220,34 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): M-5-A e V-1-C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 19.11.2012.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a establecida nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia do Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade: Lugo, 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.9.2012.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 21 de setembro de 2012

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo