Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Proxecto sectorial do parque empresarial de Ponte do Porto-Terra de Soneira en Camariñas.

En cumprimento do disposto no número 7 do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, na cal se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico, establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 13 de se-tembro de 2012, do Proxecto sectorial do parque empresarial de Ponte do Porto-Terra de Soneira en Camariñas, promovido pola asociación de empresarios Área Industrial Ponte do Porto, sendo o Instituto Galego da Vivenda e Solo a Administración encargada da súa tramitación. Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental