Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37748

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de setembro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Vivas, do concello de Vigo (Pontevedra).

A representante da titularidade do centro privado (CPR) Vivas, do concello de Vigo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio de Xestión administrativa autorizado en quenda de tarde-noite; e a autorización do ciclo formativo de grao medio de Farmacia e parafarmacia en quenda de tarde-noite.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir o ciclo formativo de grao medio de Xestión administrativa en quenda de tarde-noite no CPR Vivas.

2. Autorizar o ciclo formativo de grao medio de Farmacia e parafarmacia en quenda de tarde-noite, no centro privado que se sinala:

Denominación: CPR Vivas.

Código do centro: 36011521.

Domicilio: rúa Príncipe, 17.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Vivas, S.L.

Composición resultante:

– Quenda de mañá:

• 1 ciclo formativo de grao medio de Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 1 ciclo formativo de grao medio de Farmacia e parafarmacia (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao medio de Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao medio de Xestión administrativa (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao superior de Anatomía patolóxica e citoloxía (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– Quenda de tarde-noite:

• 1 ciclo formativo de grao medio de Farmacia e parafarmacia (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 programa de cualificación profesional inicial (PCPI) de Servizos administrativos.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria