Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á interesada a resolución de reintegro do pagamento indebido en rehabilitación e renovacion de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia en relación co expediente da solicitude de subvención P-CSHN-0259/08 e da cédula de rehabilitación de calidade P-CDHN-0520/07.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á interesada a resolución de reintegro do pagamento indebido que se detalla no anexo.

Pontevedra, 31 de agosto de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-CSHN-0259/08.

Nome: Vigovello, S.L.

Enderezo: rúa Alta, 9, 1º, 36202 Vigo.

Asunto: reintegro do pagamento indebido.

Contía: 2.062,23 €.