Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación dos expedientes de subvención que se indican.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación en relación con varios expedientes de subvención. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmanse os interesados de que, se non emendan a falta ou xuntan os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 12360070/2009.

Interesado: CMVMC de San Xurxo de Sacos.

Último enderezo coñecido: San Xurxo de Sacos, s/n, 36121 Cotobade (Pontevedra).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

Expediente: 12360137/2009.

Interesado: CMVMC de Viascón.

Último enderezo coñecido: Casa do Pobo, s/n, Viascón, 36121 Cotobade (Pontevedra).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias.