Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade en diferentes centros dependentes desta xerencia (AB-ASF1-12-007).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-12-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en diferentes centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes: un só lote.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2; 79710000-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Valoración técnica do proxecto: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 50 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe sen IVE: 1.732.203,38 €.

b) Importe con IVE: 2.095.966,08 €

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: grupo M, subgrupo 2, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: por conta do/s adxudicatario/s.

10. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos, perfil do contratante: www.sergas.es

Ferrol, 17 de setembro de 2012

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xestión Integrada de Ferrol