Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación duns expedientes de subvención.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación en relación a varios expediente de subvención. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase os interesados de que, se non emendan a falta ou xuntan os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 11270001/2007.

Interesada: Manuela Gómez Calderón.

Último enderezo coñecido: rúa da Industria, 42, 1º, 27002 Lugo.

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 as axudas para o fomento da forestación de terras non agrícolas.

Expediente: 12150159/2007.

Interesada: Herminda Lorenzo Vázquez.

Último enderezo coñecido: lg. Aldariz, 8, Fruíme, 15214 Lousame (A Coruña).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007 axudas para o fomento das frondosas caducifolias.