Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012 pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diversos reactivos de diagnostico en laboratorio de enfermidades animais: paratuberculose, neosporose, EETS, IBR e BVD/BD, polo procedemento aberto e tramite ordinario, suxeito a regulación harmonizada (expediente 22/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diversos reactivos de diagnóstico en laboratorio de enfermidades animais: paratuberculose, neosporose, EETS, IBR e BVD/BD.

c) División por lotes e número: si. Lote 1: reactivos Elisa para diagnóstico de anticorpos da paratuberculose en ruminantes. Lote 2: reactivos Elisa para diagnóstico de anticorpos da neosporose en ruminantes. Lote 3: reactivos Elisa para diagnóstico de anticorpos de diarrea vírica bovina e enfermidade de Border dos pequenos ruminantes (BVD/ BD). Lote 4: reactivos Elisa para diagnóstico de antíxeno da diarrea vírica bovina (BVD). Lote 5:  reactivos Elisa para diagnóstico de rinotraqueíte bovina infecciosa (IBR) e Lote 6: reactivos Elisa para diagnóstico das EETS en bovinos e pequenos ruminantes.

d) Lugar de entrega: Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Lugo.

e) Prazo de execución: o período de execución dos contratos que se formalicen baseados nos acordos marco, non poderá exceder –individual ou conxuntamente– os tres anos, con posibilidade de prórroga por un ano máis.

f) Admisión de prórroga: si, por un ano máis.

g) CPV: 33696500-0.

h) Acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 2.458.690,85 euros, IVE (10 %): 245.869,08 euros. Importe total: 2.704.559,93 euros (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 3.339.303,96 euros (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas. Definitiva: lote 1: 15.018,58 euros, lote 2: 16.770,16 euros, lote 3: 17.017,62 euros, lote 4: 14.008,68 euros, lote 5: 25.276,82 euros, lote 6: 34.842,68 euros.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, CP 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 50 55/981 54 40 29 (consultas administrativas) 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17987

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 16 de outubro de 2012.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 26 de outubro de 2012.

A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, a data e a hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de setembro de 2012.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar