Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37452

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 14 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos do baremo no corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño, especialidade dourado e policromía (596604).

Unha vez publicada a listaxe provisional e resoltas as reclamacións, procede publicar o baremo definitivo e a relación definitiva de excluídos no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nas súas xefaturas territoriais e na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións definitivas do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño, especialidade dourado e policromía (596604).

Segundo. Publicar a relación de excluídos definitivos no anexo deste anuncio.

Terceiro. Contra estas puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2012

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO
Excluídos

Apelidos e nome

DNI/NIF

Causa

Alonso Plaza, José

75712685L

1

Amoedo Barciela, Consuelo

53180227H

1

Becerra Montes, Gumersinda

32747475Y

1

Conde Álvarez, Alberto

36075399Z

1

Cubeiro Veiga, Mª Soledad

32432031F

1

Feal Antelo, M.

46897104N

1

Ginestar Burillo, Andrea

48570154L

1

Gómez García, María

44816028E

1

Martínez Guardiola, Ana

77705028B

1

Matskova Matskova, Marina

49332857L

1

Morandeira Caridad, Virginia

32410902S

2

Pérez-Carrillo López, Inmaculada

07490642W

1

Prieto Alonso, Luz

9779302R

1

Seixas Díaz, Leandro

51322069F

1

Soto Solier, Pilar M.

24244218X

1

Valverde Mellado, Susana Clara

15480328V

1

Villaverde Troncoso, Juan Carlos

44077098J

1

Causa:

1. Titulación non idónea.

2. Non presenta a titulación.