Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Jealsa Rianxeira, S.A. para as instalacións que posúe en Bodión, no concello de Boiro (A Coruña). Clave M: 2012/IPPC/M/80.

Segundo o que se indica no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para as instalacións que Jealsa Rianxeira, S.A. posúe en Bodión, concello de Boiro, co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes. A documentación que se expón será:

– Fábrica de conservas de atún e de produtos conxelados non precociñados Jealsa Rianxeira. Proxecto básico de solicitude de renovación da autorización ambiental integrada.

O antedito documento estará á disposición dos interesados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental (rúa de Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Boiro (praza de Galicia s/n).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental