Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 12 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de Resolución do 4 de xuño de 2012.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación e ao ser devolta dúas veces polo servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Política Financeira e Tesouro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2012

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Expediente: Resolución do 4 de xuño de 2012.

Interesada: Granitesa, S.A.

Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra Granitesa, S.A. e o inicio do procedemento para a súa reclamación ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.