Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de exposición ao público de solicitude de licenza a nome de Xesgal, S.L.

Vicente Manuel Vázquez Agromayor, que representa a Xestión Galega Ambiental Loxística, S.L., solicitou neste concello licenza municipal de apertura dun establecemento dedicado a xestión de residuos eléctricos e electrónicos na parcela 12 da rúa 5C do sector C1 do polígono industrial deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese á información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e a exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, se poida examinar o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 16 de agosto de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde