Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a notificación de proposta do expediente sancionador PESAN1 2012/000032-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a proposta do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

A interesada dispón dun prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición da interesada na citada Xefatura Territorial de Lugo, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, na avda. Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000032-2.

Denunciada: Pesca Pincho, S.L.

CIF: B32362287.

Enderezo: Porto de Celeiro 19, Viveiro.

Celeiro-Viveiro, 31 de agosto de 2012

Miguel A. Otero Soto
Instrutor