Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se acorda facer público no Diario Oficial de Galicia o anuncio indicativo dos contratos de obras de construción de tres centros de saúde dependentes do Servizo Galego de Saúde, nos concellos de Barbadás (A Valenzá), de Ourense (O Couto) e de Oia (cofinanciado pola Unión Europea, a través do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013) remitido con data do 24 de setembro ao DOUE.

A Dirección de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 109, do 28 de maio), anuncia o acordo de inicio dos seguintes expedientes de contratación:

1. Órgano de contratación.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 881 54 18 38.

d) Fax: 881 54 27 62.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratos de obras para a construción de tres centros de saúde dependentes do Servizo Galego de Saúde, nos concellos de Barbadás (A Valenzá), de Ourense (O Couto) e de Oia.

b) Custo estimado IVA excluído: 6.399.730,75 €, desagregado da seguinte forma:

Centro de saúde da Valenzá-Barbadás, 2.767.694,25 €.

Centro de saúde do Couto-Ourense, 3.017.996,50 €.

Centro de saúde de Oia, 614.040,00 €.

c) Clasificación CPV: 45 21 51 00.

d) Información adicional: realizarase a súa contratación por separado. Os orzamentos estimados (IVE incluído) para a construción dos centros de saúde son os seguintes:

Centro de saúde da Valenzá-Barbadás, 3.348.910,04 €, con IVE.

Centro de saúde do Couto-Ourense, 3.651.775,77 €, con IVE.

Centro de saúde de Oia, 742.988,40 €, con IVE.

3. Relación con algún proxecto ou programa financiado mediante fondos da UE: si, co Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

4. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24.9.2012.

Acorda facer público o anuncio indicativo no DOUE e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), segundo o artigo 141 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Ponse á disposición dos interesados a seguinte documentación:

– Os acordos de inicio de expediente de contratación.

– O prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que van rexer as ditas contratacións.

– Os programas funcionais aprobados polo Servizo Galego de Saúde.

– A composición das mesas de contratación correspondentes destes contratos.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos