Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 42/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado recuamento LMT, CCTT no polígono de Formarís.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Recuamento do centro de transformación Granxa Deca (expediente 30111) e Sogama (expediente IN407A 2006/035) afectados pola construción do novo polígono da Sionlla-Formarís, consistente en:

Liña de media tensión aérea a 20 kV, a CT rúa da Carballa e enlace coa derivación a CCTT Opel e BMW, en polígono de Costa Vella, coa instalación dun apoio metálico final de liña tipo C-18/2000 que substitúe o nº 4 existente da LMTA a CT Granxa Deca (expediente 30111) e dun apoio metálico final de liña tipo C-14/2000 en substitución do existente 3ª da derivación existente a CT Opel e BMW polígono Costa Vella.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a CT rúa da Carballa, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,541 km, con condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×150) mm² Al, con orixe en paso aero-subterráneo no citado apoio metálico tipo C-18/2000 que substitúe o nº 4 existente a LMTA a CT Granxa Deca (expediente 30111) e final en paso aero-subterráneo no citado apoio metálico tipo C-14/2000, en substitución do existente 3º da derivación a CT Opel e BMW, tras realizar entrada e saída nas celas de liña que se instalarán no CT rúa da Carballa proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a CT Formarís-Sogama, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.330 km, con condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, con orixe no CT Tras da Finsa (expediente IN407A 2000/355), e final no CT Formarís-Sogama proxectado, sendo en canalización existente da LMTSS, CCTT polígono industrial A Sionlla-Formarís (expediente IN407A 2011/228) nun tramo de 1.271 m de lonxitude entre os puntos 9 e 20, e da LMT, CT, RBT Tras da Finsa-A Sionlla (expediente IN407A 2000/355) nun tramo de 5 m de lonxitude entre o punto 21 a CT Tras da Finsa.

Centro de transformación (CT) prefabricado rúa da Carballa, tipo 2L+1P, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, en substitución do actual CT Granxa Deca Intemperie (expediente 30111).

Centro de transformación (CT) prefabricado Formarís-Sogama, tipo 2L+1P, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, en substitución do actual CT Sogama (expediente IN407A 2006/035).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña