Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2012/070 e LU-RES 2012/044.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador respectivamente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 3 de setembro de 2012

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2012/070.

Interesados: Dimitru Lefter e Petrica Sali.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Órgano: xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Expediente: LU-RES 2012/044.

Interesado: Juan Antonio Montoya Larralde.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Órgano: instrutora do expediente.