Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012095TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de agosto de 2012, a xefa territorial suplente da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2012095TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Alexandra Batista Oliveira.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Alexandra Batista Oliveira o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 3 de setembro de 2012

P.A.
José Luis Fugarolas Villamarín
Xefe do Servizo de Control de Riscos Ambientais

ANEXO

Nº de expediente: 2012095TA-LU.

Denunciada: Alexandra Batista Oliveira.

NIE: X8335316R.

Último enderezo coñecido: Sagrado Corazón, núm. 16, Lugo (Lugo).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).