Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

Servizo da oficina técnica para o desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80 % de cofinanciamento).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 138, do 19 de xullo de 2012.

2. Orzamento base de licitación: 218.000 euros (IVE incluído).

3. Adxudicación.

a) Data: 28 de agosto de 2012.

b) Contratista: IDOM - Ingeniería y Consultoría, S.A.

c) Importe da adxudicación: 157.033,90 euros (IVE excluído).

4. Data de formalización do contrato: 6 de setembro de 2012.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2012

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios