Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37041

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 6 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefe da Sección de Cirurxía Hepato-bilio-pancreática e Transplante de Órganos Abdominais.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria, para a súa cobertura polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe da Sección de Cirurxía Hepato-bilio-pancreática e Trasplante de Órganos Abdominais.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no rexistro do CHUAC, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de setembro de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe da Sección de Cirurxía Hepato-bilio-pancreática e Trasplante de Órganos Abdominais da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A.

Nº de vacantes: 1.