Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Polígono Industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: LMTS, CT e RBT Edificio A Fonte.
Situación: Salvaterra de Miño.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 225 metros de lonxitude, con orixe no CT existente edificio Cervantes e final no CT proxectado edificio A Fonte. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado na rúa Alto da Fonte, Salvaterra de Miño. Rede de BT de 37 metros con condutor RV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 24 de agosto de 2012
P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial