Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: LMTS, CT 4, RBT polígono sur PPI-6, sector 2.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 2.319 metros de lonxitude para alimentación dos CCTT 1, 2, 3, 4, e 5 do polígono industrial sur PPI-6 sector 2, en San Salvador de Budiño, O Porriño. Centro de transformación 4, de 400 kVA, RT 20 kV/420 V e rede de baixa tensión para subministración ás parcelas 52, 53, 56 e 57 do citado polígono.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 24 de agosto de 2012
P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial