Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2012 Páx. 37050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada pola Sociedad Gallega de Residuos Industriales, Sogarisa, S.A., para as instalacións do centro de tratamento de residuos industriais localizadas no concello das Somozas (A Coruña). (Número de autorización 2006/0261_NAA/IPPC_052. Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-63).

Con data do 5.3.2008 outorgouse a Sogarisa, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2006/0261_NAA/IPPC_052 para as instalacións do centro de tratamento de residuos industriais localizadas no concello das Somozas (A Coruña), da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular, que se efectuou o 13.3.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– «Resumo non técnico do proxecto de renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Sogarisa, S.A., situadas no concello das Somozas (A Coruña). Xullo de 2012».

– «Renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Sogarisa, S.A., situadas no concello das Somozas (A Coruña). Xullo de 2012».

– «Renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Sogarisa, S.A., situadas no concello das Somozas (A Coruña). Xullo de 2012. Planos».

«Renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Sogarisa, S.A., situadas no concello das Somozas (A Coruña). Xullo de 2012. Informe de situación do solo».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n,15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello das Somozas (r/ Igrexa, 1, 15565 As Somozas).

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

Xusto de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental