Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública, para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao Parque Eólico San Cristovo (expediente LU-11/131-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, e tendo en conta o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo), e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, así como na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a solicitude formulada por Estela Eólica, S.L., para as instalacións que a continuación se describen:

Peticionario: Estela Eólica, S.L., avda. de Montserrat, 25, P-2, 4º B, 15009 A Coruña.

Situación: concellos de Portomarín e Monterroso (Lugo).

Localización:

Zona: 3.

Área de desenvolvemento eólico (ADE): San Cristovo I - 3 - 5.

Poligonal de delimitación:

UTM X

UTM Y

1

601.200,00

4.742.900,00

2

601.830,00

4.742.800,00

3

602.840,00

4.741.450,00

4

602.340,00

4.741.000,00

5

600.850,00

4.742.400,00

Aeroxeradores:

UTM X

UTM Y

M01

601.681,00

4.742.272,00

M02

601.828,16

4.742.118,66

M03

601.918,19

4.741.910,01

M04

602.047,67

4.741.718,87

M05

602.182,90

4.741.536,24

M06

602.330,84

4.741.363,74

Antenas meteorolóxicas:

UTM X

UTM Y

TM01

601.654,45

4.742.420,17

Potencia nominal: 18 MW.

Produción neta anual estimada: 61.931 MWh/ano.

Orzamento total: 24.960.055,00 euros.

– Características técnicas principais:

• 6 aeroxeradores Enercon E-101 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria, con 99 m de altura de buxa e 101 m de diámetro de rotor.

• 6 centros de transformación de 3.800 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,4/33 kV, Dyn5, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador coas súas correspondentes aparellaxes de seccionamento, manobra e protección.

• 1 antena meteorolóxica autoportante de 99 m de altura, equipada con viraventos, anemómetros, medidores de temperatura, medidores de presión e rexistrador de datos.

• Liñas eléctricas subterráneas de 33 kV de tensión nominal, normalmente en condutor directamente enterrado (ancho 4 m) e, así mesmo, en canalización entubada baixo vías (ancho 0,8 m), para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,4/33 kV e subestación transformadora 33/66 kV.

• Camiños ou vías en saburra, con 4 m de anchura mínima, para o acceso a: aeroxeradores, torre anemométrica, edificio de control e subestación eléctrica.

• Subestación transformadora tipo PASS cun transformador principal 33/66 kV intemperie de 25 MVA de potencia nominal, refrixeración ONAN, grupo de conexión YNdn11, e outro de servizos auxiliares 33/0,4 kV de 50 kVA, Dyn11, cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Edificio de control en que se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

– Obxecto de información pública:

• Proxecto de execución das instalacións descritas para os efectos da súa autorización administrativa, aprobación e declaración de utilidade pública (que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións), así como para o seu recoñecemento como instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial.

• Estudo de impacto ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto de execución e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta xefatura territorial con enderezo no edificio administrativo da rolda da Muralla, 70, Lugo 27071, no prazo de 30 días hábiles contados a partir da última publicación deste anuncio ou da súa notificación individual.

Para idénticos efectos e no mesmo prazo, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal poderá ser examinado nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo e nos concellos de Portomarín e Monterroso (Lugo), e o estudo de impacto ambiental, nas dependencias desta xefatura territorial, da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Lugo e neses concellos.

Finalizado o prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria. Esta publicación realízase igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, non se saiba o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando intentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 20 de xuño de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo Parque Eólico San Cristovo

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Nome e apelidos

Enderezo

Part.

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidumes

de paso

Servidume

de voo

 

Outras afeccións

Pol.

Parc.

Zap. Plat.

Vía/

Vía-gabia

Gabia

P.E.

O.T.

Concello de Monterroso

4

CMVMC San Miguel de Penas

Carlos Rodríguez Carnero

San Miguel de Penas, Monterroso, Lugo

1

67

34

San Miguel de Penas

Agrario piñeiral madeirable

 

2.607

 

 

 

91

7

Concello de Monterroso

Praza Galicia, s/n, 27560 Monterroso, Lugo

1

67

9003

Camiño Monterroso

Vía comunicación dominio público 

1.808

 

 

 

 

8

CMVMC Novelúa

Carlos Rios Mourín

Novelúa, 27568 Monterroso, Lugo

1

67

32

Novelúa

Agrario piñeiral madeirable

Agrario improdutivo

 

2.604

 

 

 

 

Concello de Portomarín

2

CMVMC Narón

Alberto Díaz López

 

Narón, 27213 Portomarín, Lugo

1

56

47

Leira da Aira

Agrario matogueira

Agrario piñeiral madeirable

Agrario pastos

2.875

4.530

 

5.320

 

 

3

CMVMC Narón

Alberto Díaz López

 

Narón, 27213 Portomarín, Lugo

1

56

4

Narón

Agrario piñeiral madeirable

Agrario pastos

Agrario improdutivo

4.341

21.086

 

9.527

 

1.648

5

Concello de Portomarín

Prz. Condes de Fenosa, s/n, 27170 Portomarín, Lugo

1

56

9010

Camiño Portomarín

Vía comunicación dominio público

 

6.052

 

 

 

 

6

CMVMC Narón

Alberto Díaz López

Narón, 27213 Portomarín, Lugo

1

56

5

Serra de Narón

Agrario

7.968

25.757

 

12.054