Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36882

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 137/2012, interposto por Rosa María Fernández Otero e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 137/2012, interposto por Rosa María Fernández Otero, Fuensanta Nieto Martínez, María Luísa Martínez Otero, contra a Resolución do 16 de decembro de 2011, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de decembro, que aproba a relación de postos de traballo do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e da Lei 17/1989, do 23 de outubro, da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, agás os servizos veterinarios de saúde pública (DOG nº 247, do 28 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública