En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, de 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias: creación de dotación D-1 no lugar da Baiuca, concello de Friol, ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2012
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental